Voltar á terra, unha nova forma de enterramento dos nosos seres queridos

30

A Concellaría de Cemiterios presentou esta semana o proxecto Voltar á terra, unha proposta que se materializará nos vindeiros meses na parcela valeira do cemiterio de San Amaro duns 5.800 metros cadrados, onde está previsto realizar un tratamento de pradeira e crear unha construción funeraria sinxela que serva para colocar as placas cos nomes das persoas falecidas. Nesta pradeira os familiares poderán tirar as cinzas dos seus seres queridos, se así o desexan, e colocar no monumento funerario unha placa co seu nome, de tal xeito que poidan lembrar a súa memoria.

A Concellaría tamén sacará a licitación 44 novos nichos no cemiterio de Lourizán por valor de 55.000 euros. As concesións serán de diverso prezo e por 75 anos. No resto de cemiterios municipais a demanda está satisfeita, incluso diminúe.

Traballos de mantemento

Nestas datas, tamén cabe lembrar que a Concellaría xa rematou a posta a punto dos cemiterios municipais (Lourizán, Bora, Ponte Sampaio, Campañó e San Amaro) de cara á festividade de mañá, o Día de todos os Santos. As distintas brigadas municipais intensificarron os traballos de limpeza e de mantemento de zonas verdes comúns nos cemiterios municipais, así como de desbroce nos accesos. Como é habitual nestas datas fixéronse melloras de setos, colocación de planta con flor de temporada, podas de árbores e, incluso, reposición de pavimentos, entre outros labores.

Ademais, o servizo municipal de limpeza realizou desbroces en todos os cemiterios xa sexan municipais ou non, para mellorar os accesos.

O servizo de recollida de lixo refozou as quendas de recollida nos contornos dos cemiterios, de ser preciso recollerase o lixo varias veces ao día. Tamén se aumentou a flota de contentores.

Os operativos de tráfico tamén están ultimados.

No cemiterio de San Amaro, co fin de facilitar o estacionamento a ambos lados, dado o escaso de prazas, é preciso desviar o tráfico nas inmediacións, deixando unha vía de entrada e outra de saída para evitar atrancos e retencións, de tal xeito que o acceso ao cemiterio farase dende a rúa San Amaro cara á rúa Camposanto, polo que se impedirá o acceso de vehículos procedentes da rúa Pintor Laxeiro- Camposanto cara ao cemiterio desviando o tráfico a altura da rúa Pintor Ricardo Portela cara a Xoán Carlos I.

mobilidade-s-mauroNo cemiterio de Lérez, permitirase o estacionamento no acceso ao cemiterio e ao aparcadoiro, polo que se establecerá un sentido único de circulación, de tal xeito que o acceso farase polo interior habitual da zona da Piolla e a saída seguindo esta mesma vía cara o Outeiro onde se accede novamente a estrada de Campo Lameiro.

mobilidade-lerez