O modelo urbano de Pontevedra, gabado na televisión mexicana Televisa

12

Pontevedra foi protagonista hai uns días na televisión privada Televisa, unha das compañías de medios de comunicación máis importantes de México e do mundo. Foi grazas a intervención do xornalista Luís Ramón Carazo que estivo de visita na cidade a primeiros de outubro e elaborou a reportaxe que se pode ver neste enlace:

Televisa: Super Estadio

A reportaxe foi emitida no programa matutino Super Estadio. Está vinculada á vida saudábel e ao exercicio físico, e polo tanto, destaca a aposta decidida do Goberno local por un modelo de cidade no que unha das súas claves é a facilidade con que calquera veciño pode practicar exercicio físico, dende o deporte de élite até camiñar.