Os grupos municipais coñecen o proxecto de orzamentos 2017

24

O Goberno entregou onte pola mañá o proxecto de orzamentos 2017 aos grupos municipais. Entregáronselle a conta de ingresos e gastos, cos seus correspondentes resumos.

Tamén onte pola tarde, o Goberno reuniuse coa Federación de Veciños Castelao, e está previsto para hoxe ao mediodía a entrega dos mesmos documentos á Federación de veciños Teucro. Ademais, está prevista a próxima convocatoria do Consello Económico e Social.

O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo explicou que a partir do luns, 7 iniciará os contactos cos grupos municipais para recoller as súas impresións e suxestións ao proxecto de orzamentos.