Listos para ampliar o parque infantil e mellorar a praza Europa

66

O concelleiro de Mobilidade e Obras e tamén delegado de Monte Porreiro. Luís Bará mantivo unha xuntanza coa veciñanza do barrio na praza Europa co fin de falar da ampliación do parque infantil da zona, do acondicionamento da praza e da mellora da accesibilidade da contorna.

Luís Bará presentou o proxecto que incorpora as suxestións recollidas nun encontro anterior e avaliará cos veciños e veciñas a proposta municipal. O Concello conta cun orzamento de 35.000 euros para a execución do proxecto de mellora.

A actuación no parque infantil inclúe a ampliación da zona de xogo, a renovación do pavimento, o arranxo e reubicación de xogos e a instalación de novos equipamentos de lecer para nenos e nenas de distintas idades e o arranxo do peche perimetral. Avaliouse coa veciñanza a posibilidade de incorporar unha pista deportiva polivalente.

Pola súa banda a mellora da accesibilidade e o acondicionamento da praza Europa fará dela un espazo idóneo para a celebración de actividades festivas, actuacións o xuntanzas comunitarias.

Enriba da mesa está tamén a mellora do alumeado do parque, da praza e da contorna.

parque