Acoutar a poboación de gaivotas, unha necesidade

57

O programa de control poboacional da gaivota patiamarela desenvolvido durante os meses de verán localizou 253 parellas nidificantes asentadas no casco urbano de Pontevedra e actuou sobre 226 (o 89,33%). A intervención feita sobre nove de cada dez parellas consistiu na retirada do niño e o contido alo menos unha vez.

As 27 parellas non intervidas foi por mor da imposibilidade de acceder a todas as zonas elevadas da cidade.

A Consellería de Saúde Animal, en colaboración coa empresa especializada Larus Control, promove campañas de acoutamento e diminución da poboación de aves que pola súa proliferación causan danos materiais e molestias ás persoas.

Se este ano o censo foi 253 parellas nidificantes, no 2015 as parellas eran 261. Inda que se detecta un acoutamento e lixeira baixada no número de parellas nidificantes, a realidade e que a poboación establecida se lle suma a chegada de novos individuos doutras colonias de cría saturadas (illas Cies, illas Ons, etc.).

A campaña desenvolveuse do 5 de maio ao 31 de agosto. Comezou co desenvolvemento dunhas xornadas de información aos veciños e veciñas a través de buzoneo e visitas presenciais co fin de dar a coñecer o servizo gratuíto de control da poboación de gaivotas patiamarela. Recibíronse 276 queixas dos veciños pola presenza de gaivotas que foron atendidas.

Revisáronse un total de 460 tellados xa que en cada visita se ollaban tamén as cubertas que arrodeaban ó inmoble afectado. Atopáronse 253 niños/parellas de gaivotas, 336 ovos e 60 polos, deles foron retirados 226 niños (89,32% dos atopados) cos 336 ovos e 59 polos, seis deles en patios interiores e 53 en tellados.

comparativa-resultados-cos-anos-2014-15-2016