Un paso adiante na unificación dos servizos turísticos

43

Procedeuse á retirada da caseta de información turística ubicada na avenida de Montero Ríos. É un paso adiante no proxecto de unificación dos servizos de información e atención ao visitante que hai na cidade e que dependen de tres administracións: Concello, Deputación Provincial

No lugar que estaba a caseta instalarase un panel cunha sinalética que marcará a localización das oficinas de turismo “que agardamos que pronto sexa unha” subliñou a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías. “Non creo que ter catro puntos de información nun radio inferior a un kilómetro sexa prestar un bó servizo” engadiu a concelleira que aposta por aunar recursos e racionalizar a situación.

A Casa da Luz (do Concello), o Palacete das Mendoza (da Deputación) e a Oficina de Turismo da rúa Riestra (da Xunta) seguen polo momento abertos como puntos de información ao visitante.