Premios Ernestina Otero de Banda Deseñada, o camiño a prol da igualdade

139

A loita a prol da igualdade chega á banda deseñada, un mundo “no que queda moito por facer”. Nacen os Premios Ernestina Otero de Banda Deseñada (BD) co fin de promover a perspectiva de xénero neste ámbito e dar visibilidade ás autoras.

A concelleira de Igualdade, Carmen Fouces, e o director do Garaxe Hermético, Kiko da Silva, presentaron a iniciativa na que van da man e que nace non só con vontade de continuidade se non con vocación de converterse nun referente de premios de BD no Estado.

As/os interesadxs en participar nos premios Ernestina Otera deberán presentar unha historieta de seis páxinas de BD, orixinarias, cun contido que fortaleza a reflexión crítica sobre o papel social das mulleres e homes e en galego.

O prazo de presentación dos traballos remata o 1 de febreiro. Teñen que ser remitidos en formato dixital ou impresos no Concello de Pontevedra, ben por rexistro ou ben por correo ordinario certificado. Presentaranse copias xa que non se devolverán os traballos.

As historietas gañadoras serán a base dunha exposición de banda deseñada, que formará parte da programación dos actos do 8 de Marzo e conformará unha publicación destinada aos centos educativos.

  • Hai tres premios Ernestina Otero.
    1º premio, de 2.000 euros, un curso de verán no Garaxe Hermético e a publicación do traballo
  • 2º premio, de 1.000 euros, un lote de banda deseñada e a publicación do traballo
  • 3a premio, de 500 euros, un lote de banda deseñada e a publicación do traballo
    Accésits (até tres) que se incluirán na exposición e na publicación dos premios Ernestina Otero de BD

    A entrega dos premios incluirá tamén a homenaxe a unha autora de banda deseñada o ue terá un dobre obxectivo: por unha banda recpñecer o seu traballo e por outra abrir as portas a referentes femininos no mundo da BD.

    “Dende o Concello traballamos en prol da igualdade no ámbito da educación, da sensibilización social” explica a concelleira Carmen Fouces quen subliña a “importante ferramenta de comunicación” que é a banda deseñada e o que pode supor de canle para crear conciencia de igualdade, para pór o foco sobre o traballo e rol das mulleres tamén neste eido.

    O debuxante Kiko da Silva lembrou a escasa presenza e visibilidade das autoras e rol secundario o sexual que xogan as mulleres na práctica totalidade da banda deseñada (feita por homes) na que, porén, comezan a romperse moldes.