Orzamentos 2017, camiño do Pleno

50

É un presuposto “potente, participativo e que recolle as necesidades reais” de Pontevedra. Neste termos definía o concelleiro de Facenda, Raimundo González Carballo, o proxecto definitivo de orzamentos 2017 do Goberno Local que ascende a 72.9000. Hoxe entregou as contas aos partidos da oposición cos que mantivo negociacións que non chegaron a bo porto.

“Negociamos ata a extenuación con todos” dixo Raimundo González quen engadiu que “os motivos de discordia son alleos ao orzamento”. Puxo como exemplo a petición de baixada do IBI do PP ou a petición do PSOE de eliminar os directores xerais, “xusto o contrario do que facían cando formaban parte do goberno”.

Lembrou que entre o borrador inicial e o proxecto definitivo hai cambios pois están incluídas demandas das federacións veciñais e suxestións feitas polos partidos durante as negociacións como pode ser a inclusión dunha partida de 100.000 euros para o transporte á demanda e metropolitano, ous máis cartos para escolas deportivas, centros educativos, eventos deportivos, parques infantís, xardíns….

O concelleiro de Facenda subliñou a partida de investimentos: 13 millóns de euros, 1.892.000 euros máis que os de este ano e sen contar os cartos que chegarán dos fondos DUSI e de Unexpa para a adquisición dun camión de bombeiros. Destacou tamén a capacidade de aforro do Concello, que terá un aforro neto de 8.286.000 euros o que supón que dous de cada tres euros de investimentos estarán xerados polo Concello. “Non dependemos de outras administracións” para actuar.

Igual que a capacidade de aforro tamén a débeda municipal fala de boa saúde económica e financeira do Concello de Pontevedra. Incluído o crédito deste ano ascende a 16.543.781,43 euros o que supón un 24,15% dos dereitos recoñecido, porcentaxe que sube até o 27,8% coa operación de crédito proxectada para o ano. En calquera caso moi lonxe do 75% autorizado o que é dicir que hai unha marxe crediticia de até 32,3 millóns de euros

GASTOS. Comparativa con os orzamentos deste ano:

  • Persoal. 540.000 euros máis, o 2,16% máis. Vencellado a incorporación do IMD
  • Gastos correntes, bens e servizos. 723.000 euros menos, o 2,29% menos
  • Xuros. 42.000 euros menos, o 10,55% menos
  • Transferencias. 413.000 euros menos, o 8,67& menos
  • Investimentos. 1.892.000 euros máis, o 17,1% máis. Sen contar as achegas dos fondos DUSI e de Unexpa para a compra dun camión de bombeiros.
  • Transferencias de capital. 264.000 euros máis, o 390% máis
  • Amortización de débeda. 322.000 euros menos, o 11,42%

O Goberno Local levará o proxecto orzamentario a Pleno, previo paso por Comisión. PP, PSOE, Marea e Ciudadanos anunciaron que votaran en contra, inda así Raimundo González indicou que “temos a firme convicción de que o orzamento pode saír adiante con algunha abstención”.