Os centros escolares gozarán de “Escaquis e Romeu”, segundo título do Salón do Libro

13

A concelleira de Cultura Anxos Riveiro presentou esta mañá no Espazo Libro do Culturgal, o segundo volume da colección do Salón do Libro: “Escaquis e Romeu”, “froito do traballo de dous grandísimos escritores, Antonio Manuel Fraga e Jacobo Fernández Serrano que neste caso en vez de escribir, foi o encargado de deseñar as magníficas ilustracións que vos ides atopar”.

Una colección que se iniciou o ano pasado con Ledicia Costas e Óscar Vilán con “As peripecias de Extravaganzza Pérez”. Un libro que chegou as escolas de Pontevedra e máis alá, igual que o fará este volume que inspirará a decoración do Salón e os traballos dos centros colaboradores.

Antonio Manuel Fraga, comento una súa intervención que “foi un reto complicado pola amplitude do tema – O mundo que queremos –  A miña obsesión era facer un libro divertido e agradable de ler e coma en todas miñas historias a fantasía acabou por dominalo todo dende os primeiros bosquexos. É o xénero onde máis cómodo me atopo. Namorei dende o comezo das personaxes, das pequeñas ideas que logo foron medrando. Na historia, na que Escaquis aparece na vida de Roumeu para poñela patas arriba, tentei falar do mundo que eu quero, xoguei a que ao propio lector lle acontecesen as cousas que lle poden acontecer ás personaxes do libro, que se puxeran no seu pelexo, traballando sobre a empatía”.

O ilustrador Jacobo Fernández  “é un lector que debuxa. Eu agardaba ansioso os capítulos que me tiñan enganchado, para ir avanzando coas ilustracións. Foi un traballo común co que estamos encantados”. “Emocioneime ao ver as ilustraccións porque captou perfectamente o que eu quería transmitir”, comentou Antonio.

De xeito anecdótico, sen poñerse de acordo, ambos pensaron en Agustín Fernández Paz para a caracterización de Romeu e as ilustracións son unha pequena homenaxe a “unha persoa que quixemos, queremos e quereremos moitísimo no Salón do Libro” comentou a concelleira emocionada.