Chega o Nadal con Pontexogos e Pontenadal

650

Pontenadal 2016

A praza do Teucro acolle, un ano máis, a Feira de artesanía e agasallo “Pontenadal” co fin de achegar aos pontevedreses os agasallos máis orixinais. A carpa abrirá as súas portas mañá, 16 de decembro, e permanecerá aberta até o 5 de xaneiro, todos os días, agás Nadal e Aninovo. O horario será de 11 a 14 horas e de 17 a 21.30 horas.

A praza do Teucro acolle, un ano máis, a Feira de artesanía e agasallo “Pontenadal” co fin de achegar aos pontevedreses os agasallos máis orixinais. A carpa abrirá as súas portas mañá, 16 de decembro, e permanecerá aberta até o 5 de xaneiro, todos os días, agás Nadal e Aninovo. O horario será de 11 a 14 horas e de 17 a 21.30 horas.

Entre as novidades, obradoiros, demostracións, degustacións… co seguinte calendario e horario:

  • Venres, 16 de decembro: Master chef de Nadal. Monecos de neve con doces de 18 a 20 horas.
  • Luns, 19: Obradoiro de cera de 18 a 19.30 horas, e cata degustación de cervexa meiga de 20 a 21 horas.
  • Martes, 20: Obradoiro de manualidades de Nadal. Decoración para a árbore de Nadal de 18 a 20 horas.
  • Mércores, 21: Obradoiro de maquillaxe de fantasía e globoflexia. De 18 a 20 horas.
  • Xoves, 22: Obradoiro de estaño. de 18 a 20 horas.
  • Venres, 23: Obradoiro de acabados en barrio de 12 a 14 horas; visita de Papá Noel de 18 a 19 horas; demostración de fabricación de instrumentos musicais galegos de 19.30 a 20.30 horas.
  • Luns, 26: Conta-contos Kimisibai de 18 a 20 horas.
  • Martes, 27: Obradoiro de cera de 18 a 20 horas e Demostración de fabricación de instrumentos musicais de 20 a 21 horas.
  • Mércores, 28: Obradoiro porta candeas con motivos Reis Magos de 18 a 20 horas.
  • Xoves, 29: Obradoiros de papiroflexia e pintura de 18 a 20 horas.
  • Venres, 30: Master chef: Plastilina caseira – creación de monecos de neve de 18 a 20 horas.
  • Luns, 2: Obradoiro de artes plásticas: paisaxes de inverno de 18 a 20 horas.
  • Martes, 3: Obradoiro de madeira de 12 a 14 horas; contacontos e debuxos de Nadal, de 18 a 20 horas.
  • Mércores, 4: Obradoiro de pintura e envellecido de 17 a 19 horas e cata e degustación de cervexa Meiga de 20 a 21 horas.

PonteXogos 2016

PONTEXOGOS 2016, un evento para todas as familias de Pontevedra, onde os protagonistas son os nenos e nenas, pero tamén uns seres máxicos de Nadal moi especiais… Este ano é outro conto, que se titula “QUÉ PODE SAÍR MAL?“.

Todo o evento ambiéntase no conto de nadal “QUÉ PODE SAÍR MAL?“, onde 5 personaxes interactúan coas familias en 5 espazos cheos de maxia. O Apalpador, o Lentxero, Befana, Papá Noel e os Reis Magos, collen a gripe e non poden ir repartir os agasallos… Quedarán as nenas e nenos sen eles este ano??

A Raposa: Mencía
A Loba: Greta
A Gata: Caterina
Os Renos: Alfa, Beta, Gamma, Delta, Sigma e Rudolf
As Camelias: Yolyn, Hara e Khali,
DECIDEN REPARTIR ELES MESMOS OS AGASALLOS!
coñecen o camiño xa que sempre foron compañeiros inseparables dos seres máxicos…

Gran carpa máxica de 450m2 unha gran carpa na praza de españa, con ambientación baseada no conto de nadal, dividida en 5 espazos representando os Mundos de cada personaxe máis 1 ludoteca infantil. Cada espazo terá as súas actividades e obradoiros para toda a familia, con xogos novidosos e orixinais onde OS SENTIDOS E A IMAXINACIÓN son os verdadeiros protagonistas…

Ver folleto informativo: Pontexogos.pdf