Volvemos buscar cómplices para os Reis Magos!

233
    • A campaña Xoguetes en igualdade busca achegar agasallos novos para os nenos usuarios de Servizos Sociais.
    • A concellaríad e Igualdade enviaría a todos os centros de ensino, unha carta modelo dirixida aos Reis Magos para que os nenos pidan os regalos que queiran, libres de calquera prexuizo sexista.

As concellarías de Benestar Social Municipal e de Igualdade poñen en marcha, por terceiro ano consecutivo, a iniciativa “Xoguetes en Igualdade”, unha recollida de xoguetes novos para familias pontevedresas con menos recursos económicos para que os nenos reciban, o día de Reis, xoguetes novos.

A Fundación Meniños será a encargada de xestionar o programa que se porá en marcha este venres e que busca cómplices das súas maxestades de Oriente. As persoas interesadas poderán participar ben inscribíndose no correo envolvepontevedra@gmail.com ou ben dirixíndose directamente á Casazul.

Meniños solicitará os datos os Servizos Sociais do Concello xa que se poden acoller a este programa nenos de 0 a 18 anos. Os rapaces deberán escribir a súa carta aos Reis Magos, e esta faráselle chegar aos cómplices que o desexen. Estes cómplices deberán entregar o agasallo na Casazul antes do 30 de decembro.

Aínda que os cómplices son os que porán límite ao agasallo, dende Meniños se fixa un prezo máximo de 30 euros por agasallo, de tal xeito que todos os rapaces teñan un regalo similar en contía.

Ademais, neste ano a campaña tamén contará cunha vertente en igualdade, xa que a Concellaría remitirá aos escolares (de até 2º de Primaria) dos 23 colexios da cidade a carta dos Reis Magos nas que se lles insta a pedir os xoguetes que eles queiran, sen que haxa prexuizos de xénero á hora de pedirllos ás súas maxestades de Oriente.