A Pazo da Cultura pecha 2016 con máis de 800 actividades e 218.000 visitas e promete que o ano do 20 aniversario será espectacular

33
  • O ciclo ‘Voices’ con Macy Gray como primeira confirmación, é unha das sorpresas que o Pazo ten preparadas de cara ao aniversario.
  • A cidade converteuse nun referente cultural en Galicia, apostando por unha programación de calidade e variada  para todas as idades
  • Recinto, Pazo e Teatro acollen e xeran actividade de natureza cultural, deportiva e económica prácticamente os 365 días do ano

O Pazo da Cultura de Pontevedra celebrou esta mañá un almorzo con xornalistas culturais para agradecer o traballo realizado durante o ano que remata. Un 2016 que pecha cuns excelentes datos de participación nas actividades que se levaron a cabo nas nosas instalacións – Pazo da Cultura, Recinto Feiral e Teatro Principal –, acadando a participación de 218.000 persoas. Durante o evento – que tivo como anfitrionas á concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela e a Directora-Xerente, Pilar Portela – ademáis de facer balance,  anuciose o próximo aniversario do Pazo, que cumprirá 20 anos no 2017. 

Visiblemente ilusionada, a concelleira de Cultura, agradeceu o traballo dos alí presentes o aos que non sei puideron achegar, vital para conseguir chegar ao público e difundir toda a actividade que aquí se concentra. “Costa moito traballo encher de vida un espazo así, pero se o 2016 foi excepcional, o 2017 será espectacular. Temos moito proxectos en mente para os próximo ano e… 20 máis”.

Entre eles, o ciclo ‘Voices’, do que se deu a coñecer a primeira actuación: Macy Gray pisará Galicia por primeira vez e será o 7 de abril ás 21h. no Pazo da Cultura. As entradas están xa á venda en Ataquilla.com a un prezo de 20€+ gastos.

Outra das sorpresas que o público pode atopar dende xa no vestíbulo do Auditorio é un photocall onde posar coma unha estrela da música, igual que fixeron esta mañá Anxos Riveiro, Pilar Portela, Susana Pedreira, Carmen G. Burgos, Ramón Rozas, Alex Espiño, Belén López e Pablo Romero.

A continuación achegamos un pequeño desglose das cifras facilitadas con respecto ao número e natureza das actividades celebradas nos espazos xestionados polo OO.AA Pazo da Cultura.

De programación propia – como o Salón do Libro, os concertos, as actividades do MiniPazo Club ou os ciclos Summum, Cóxegas, Ponteatro, Domingos do Principal entre outros – ou allea  coma o Culturgal, os ciclos da Banda de Música de Pontevedra, Cantos na Maré, o cineclube, os Novos Cinemas ou a recén nacida Etiqueta Negra por poner un exemplo – foron máis de 800 as actividades celebradas no último ano.

As máis numerosas as musicáis e de teatro/artes escénicas que sobrepasan cada unha as 80.  Galas como os ‘Premios Galegos da Música Martín Códax’ ou a festexada hai apenas uns días ‘Gala Castelao’ e festivais como Sete Falares, Pontepoética, Núbebes, Novos Cinemas, Amal, Tek Fest – ou de diferentes colectivos – musicais, escolares, escolas de danza, deportivos, de grupos de teatro. etc  mantiveron tamén ocupadas as nosas instalación un alto % de días.

Aínda que a programación cultural é a súa razón de ser, son cada vez máis ás actividades doutra natureza que teñen lugar nas nosas instalacións.

Feiras (aprox. 12) de venda de vehículos novos e de ocasión, de eventos (‘Si, quero’), infantís (Mundo Nenos) gastronómicas (Etiqueta Negra), Nadalocio, Stock Pontevedra, Edugal.

Congresos (aprox. 17) de veterinaria, pediatría, deportivos, Ponte a Punto

Diferentes xornadas (200 aprox) de carácter formativo (compostaxe) ou divulgativo (ornitoloxía, Tek-Fest) e cursos puntuais ou prolongadas no tempo como algún dos impartidos polo ILES.

Probas deportivas 4 Picos, Gladiator, Duathlon, Tenis de mesa, Mus

Outras Mostra da camelia, ncontro de palilleiras, a pasarela DEBUT.

A calidade e a variedade son os eixos sobre os que se traballou nos últimos anos, non so afianzando proxectos ou ciclos xa consolidados, senón apostando por outros novos – coma Summum, os Venres Golfos ou o Festival das Cóxegas – que con pouco tempo de vida xa contan cun público fiel. A música, a danza, os referentes do teatro galego e estatal,a innovación e creación de espectáculos propios contando con agrupacións locais (OFCP, Banda de Música de Pontevedra, Jazz, María Lado e Lucía Aldao) contribuíron a convertirnos nun referente cultural onde a diversidade e o bo facer son as máximas.

Dossier Voices-Macy Gray