Licitados 300 composteiros para Monte Porreiro e Campolongo

75

A aposta do Concello de Pontevedra pola implantación dun sistema de recollida e tratamento de lixo alternativo -compostaxe- da un “importante salto adiante” co inicio do proceso de licitación de 300 unidades modulares de composteiros comunitarios.

A portavoz do Goberno local, Anabel Gulías, anunciou ao remate da xunta de goberno de hoxe a aprobación do expediente de adquisición dos composteiros comunitarios que, segundo as estimacións manexadas, darán servizo ás necesidades das veciñanzas dos barrios de Monte Porreiro -onde funcionan xa catro unidades ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación- e Campolongo. Na actualidade tamén hai un compsoteiro comunitario en uso para grandes produtores na parroquia de Campañó. Tamén está prevista a instalación de composteiros no campus universitario da Xunqueira e no cuartel da Brilat.

As 300 unidades saen a licitación cun custe de 172.425 euros.