Composteiros comunitarios para máis de 8.000 veciños de Monte Porreiro e Campolongo

116
  • Unha parte importante da compra dos 300 composteiros que o Concello de Pontevedra aprobou na última Xunta de Goberno xa teñen destino. Serán os barrios de Monte Porreiro e Campolongo. O custe de licitación desta compra será de 172.425 euros.Un avance do Estudo de Residuos de Pontevedra que está a elaborar a Deputación, no marco do Plan Revitaliza, e que marcará as liñas de actuación do novo sistema de tratamento e recollida dos residuos no concello, recolle o ámbito da implantación do novo sistema.

    No barrio de Monte Porreiro, o ámbito é todo o barrio, fácilmente definido. O estudo contabiliza unh total de 2.160 vivendas nas que residen unhas 4.600 persoas. O total de residuos por tonelada que produce o barrio é de 1.776,80 toneladas/ano, repartidas do seguinte xeito:

  • Materia orgánica: 746,25
  • Papel: 319,82
  • Envases: 266,52
  • Vidro: 106,61
  • Outros: 337,59

Aínda que o número de Centros de Compostaxe Comunitaria (CCC) estaría por concretar, no estudo inicial a Monte Porreiro se lle asignan uns 37 (incluíndo os xa existentes). Se ben esta cifra poderá variar porque nos primeiros datos se esperaba que o compost tivese seis meses de tratamento e a realidade amosa que se reduce a tres meses. Esto implicará que se poidan reducir o número de Centros de Compostaxe, ou ben de módulos en cada un deles.

No barrio de Campolongo, o ámbito está delimitado polas rúas: avenida de Vigo, Fernández Ladreda, Alfonso X O Sabio, Travesía de Luís Braille, Eduardo Blanco Amor, Xeneral Rubín e Augusto González Besada, praza de Galicia e Andrés Mellado.

Neste barrio estarían contabilizadas 1.694 vivendas cuns 3.500 veciños. Segundo o estudo, os residuos que xera o barrio son 1.351 toneladas/ano, repartidas do seguinte xeito:

  • Materia orgánica: 567,47
  • Papel: 243,20
  • Envases: 202,67
  • Vidro: 81,07
  • Outros: 256,71
  1. Ao igual que en Monte Porreiro no número de Centros de Compostaxe Comunitaria será aproximado. Neste avance do estudo recóllense 42 centros, pero esta cifra poderá variar ao reducirse o tempo de maduración do compost, a tres meses.Mentres se avanza no proceso de contratación dos novos composteiros, tamén avanzan as obras para a instalación de novos centros na rúa Grecia, onde xa está rematada a base, e está en obras o do Campus da Xunqueira. Prevese que as obras para instalar os composteiros na Brilat comezarán logo do Nadal.