Dez candidaturas optan aos Premios Cidade de Pontevedra

283

Dez candidaturas optan aos Premios Cidade de Pontevedra, catro na categoría de persoa física e seis na categoría de persoa xurídica. Estes galardóns de honra recoñecen a labor desenvolvida por unha persoa fisica e unha entidade, asociación o colectivo (persoa xurídica) vencellada ao concello e que contribúa a engrandecelo.

As candidaturas presentadas no Rexistro Xeral do Concellos son as seguintes:

Na categoría de persoa física:

Ángela Paz García, presentada pola Asociación Socioeducativa e Cultural Paspallás pola súa traxectoria profesional no eido da animación sociocultural e compromiso coa comunidade

Lourdes Domínguez Lino, presentada pola Asociación Galega de Paddleball e Racquetball pola súa condición de primeira tenista galega en gañar un trofeo WTA.

Antón Sobral Iglesias, presentado pola Federación de asociacións de veciños Teucro pola súa calidade artística e labor de promotor cultural.

Verísimo Pazos Besada, presentada por Pilar Señoráns Buceta pola súa traxectoria a prol do asociacionismo veciñal

Na categoría de persoa xurídica:

Colexio de Avogados de Pontevedra, presentada pola Asociación Rexurdir Provincial.

Asociación Difusión Felina Pontevedra, presentada pola Asociación Vaipolorío

Festa HQR!, presentada polo Rotary Club

Amigos da Pontevedrada, presentada pola Asocaciación Sociosanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEII)

 

Asociación Filantrópica Boa Vida Inclusión Social Activa, presentada por Amarante ONG

ONG Solidariedade Internacional de Galicia, presentada pola Asociación Galerías Oliva de Pontevedra

 

O xurado dos Cidade de Pontevedra reunirase o día 12 de xaneiro para decidir o nome dos premiados. O xurado está presidido pola concelleira presidenta da Comisión municipal de Cultura, Carmen Fouces e integrado por todos os membros da comisión, máis un representante elixido polas asociacións veciñais, outro polas asociacións e entidades culturais e un dos medios de comunicación.

Os premios que levan o nome da cidade se entregarán nunha sesión de honra do Pleno municipal o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrón da Pontevedra.