Continúa o apoio ao transporte urbano cara Monte Porreiro

28

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a cuarta prórroga do convenio de transporte ao barrio de Monte Porreiro coa empresa Rías Baixas. É un convenio asinado en xuño de 2013 por valor de 86.849 euros que nunca se chegaron a esgotar.

En virtude deste convenio, o Concello subvenciona con 50 céntimos cada billete que sobre pase do 12 e até o número 80. A partir dese punto o billete custa 29 céntimos de euro.