Obras en Marcón faladas coa veciñanza por valor de 100.000 euros

95

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, xunto coa concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías,visitou distintos lugares de Marcón co fin de comprobar de primeira man o resultado das últimas actuacións feitas na parroquia. As actuacións foron faladas e contan coa aprobación da veciñanza. Teñen un custe superior aos 100.000 euros.

O percorrido comezou no Albeiro -cruzamento da rúas das Olivas e Pedra do Lagarto- onde se lle deu solución aos problemas xerados polas augas pluviais nunha serie de fincas particulares. Ágora hai separativa das augas.

Despois achegaronse ao lugar de Ría de Abaixo. Alí redeseñouse a mobilidade coa implantación de medidas de calmado de tráfico e priorización peonil. Os traballos feitos permiten garantir a seguridade na zona de xogos que alí hai (coñecida como campo de fútbol).

A continuación a comitiva foi tamén até A Barcia onde se fixo o asfaltado e posta a punto do vial que comunica este lugar coa estrada de Bora.