Premios Virxinia Pereira, igualdade na banda deseñada

89

Os premios de banda deseñada (BD) a prol da Igualade que promove o Concello de Pontevedra levarán o nome de Virxinia Pereira, a responsábel de que o legado de Castelao, o seu home, chegase até nós. Visibilizar ás, até agora, escasas autoras de banda deseñada e impulsar a perspectiva de xénero neste ámbito son os obxectivos da convocatoria.

A concelleira de Igualdade, Carmen Fouces e o debuxante Kiko da Silva presentaron hoxe o carta dos premios, feito por Teresa Valero, unha das primeiras autoras “completas” de banda deseñada (é debuxante e guionista) do Estado e exitosa profesional da animación.

Aproveitaron o momento para anunciar a ampliación do prazo de presentación dos premios -anunciados nun primeiro momento como premios Ernestina Otero de banda deseñada- até o 15 de febreiro. O fallo darase a coñecer o 8 de Marzo, Día da Muller.

As/os interesadxs en participar nos premios Virxinia Pereira deberán presentar unha historieta de seis páxinas de BD, orixinarias, cun contido que fortaleza a reflexión crítica sobre o papel social das mulleres e homes e en galego.

Os traballos teñen que ser entregados en formato dixital ou impresos na Alcaldía do Concello de Pontevedra,  3º andar do edificio administrativo do Concello (Michelena, 30). Non se devolverán os traballos.

As historietas gañadoras serán a base dunha exposición de banda deseñada, que formará parte da programación dos actos do 8 de Marzo e conformará unha publicación destinada aos centos educativos.

Hai tres premios Virxinia Pereira:
1o premio, de 2.000 euros, un curso de verán no Garaxe Hermético e a publicación do traballo
2o premio, de 1.000 euros, un lote de banda deseñada e a publicación do traballo
3a premio, de 500 euros, un lote de banda deseñada e a publicación do traballo

A entrega dos premios incluirá tamén a homenaxe a unha autora de banda deseñada o ue terá un dobre obxectivo: por unha banda recpñecer o seu traballo e por outra abrir as portas a referentes femininos no mundo da BD.

BASES PREMIO VIRXINIA PEREIRA