O Observatorio Urbano acredita que Pontevedra ten un nivel socioeconómico medio-alto

79

A equipa investigadora da Universidade que dirixe Pedro Figueroa entregou o Observatorio Urbano de Pontevedra. Informe Socioeconómico de Pontevedra 2105, un traballo que avaliou arredor de 1,1 millóns de datos co fin de facer unha diagnose obxectiva da realidade da cidade e unha comparativa desta realidade coa das outras seis cidades de Galiza.

Anabel Gulas, concelleira de Promoción Económica e da Cidade, departamento que encargou o traballo, anuncio que o documento será entregado aos integrantes do CES (Consello Económico e Social) na xuntanza que vai a ter en febreiro.

Ademais está ao alcance do público xeral na web municipal http://promocion.pontevedra.gal/pon-activa/observatorio-socioeconomico/

“Os datos a nivel global son bos e alentadores a nivel demográfico” sinala a concelleira Anabel Gulías quen ve no traballo da Universidade unha ferramenta útil para avanzar no desenvolvemento da cidade. “Agora temos unha visión obxectiva, un sustento cuantitativo para avaliar e deseñar políticas de actuación e corrixilas se é preciso” subliñou. Queda moito por facer, engade a concelleira de Promoción da Cidade, pero a realidade amosada polo Observatorio é positiva.

É unha opinión compartida polo director do Observatorio, Pedro Figueroa, quen resumía a diagnose nos seguintes termos “ Pontevedra ten (respecto ás outras cidades galegas )unha posición xeral media-alta, cun 83% de indicadores positivos, especialmente no referente á cohesión social e a indicadores demográficos e económicos como os da evolución do emprego ou a creación de empresas”.

A evolución do paro e do emprendemento, por unha banda e o alto nivel de formación da poboación, por outra son cuestións que sorprenderon en positivo ao investigador universitario. Tamén amosou a súa sorpresa polo nivel medio de renda: “pensei que era máis alto pola forma de vivir e o nivel de consumo dos pontevedreses”.

Observatorio. Informe Socioeconómico