Cantos de Taberna, o mellor plan

191

Chegan Cantos de Taberna. Xa estamos na sexta edición da consolidada cita cos cantos tradicionais de taberna que nesta ocasión están con nós máis cedo que nunca. Que mellor que o inverno para xuntarse nos bares e cantar? Mañá venres, 27 de febreiro, será a primeira cita. A derradeira, o 26 de maio

“O obxectivo é que prenda o hábito de cantar” subliñou a concelleira de Festas, Carme da Silva quen anima a todos a participar xa que “non hai que cantar ben senón querer cantar”. É un afán compartido por Manuel Espiño, do grupo Maravallada, impulsor dunha actividade que ten como fin “recuperar o canto tradicional”.

O grupo Maravallada e o Concello promoven os Cantos de Taberna, que serán en horario de 21.00 a 24.00 horas.

Prrograma, grupos e locais:

  • 27 de xaneiro. Os Firrás actuarán en Milano e Maristas
  • 24 de febreiro. Maravallada, en Brasilia e Machuco
  • 31 de marzo. Os Perucos, en Novo Viñedo e Trasno
  • 28 de abril. Os Salghariteiros, en Saudade e Timón
  • 26 de maio. Os do Clarete, en Reixas e A Navarra.