O Concello elimina o papel en todos os expedientes que tramita con empresas

57

    • A medida entrará en vigor o 1 de febreiro, e obriga a todas as entidades xurídicas que traballan co Concello a presentar a súa documentación dirixida a calquera servizo municipal a través de sede.pontevedra.gal.
    • As persoas físicas poderán escoller entre notificacións en papel ou electrónicas (neste último caso deberán informar previamente ao Concello).

Os avances incorporados á sede electrónica do Concello (sede.pontevedra.gal), permite pór en marcha a Lei 39/2015 de 1 de outubro de procemento admnistrativo común das administracións que no seu artigo 26 obriga a que “as administracións públicas emitirán os documentos administrativos por escrito, a través de medios electórnicos” que se completa con que “os actos administrativos se producirán por escrito a través de medios electrónicos”.

Esto implica que a partir do 1 de febreiro o Concello de Pontevedra realizará todos os seus expedientes electronicamente e terá obriga de notificar a boa parte da poboación, tamén, electronicamente. Por un lado, isto suporá importantes cambios na xestión interna dos servizos municipais, tendo que traballar todos coa plataforma de xestión de expedientes común a todo o Concello denominada Cividas cambiando substancialmente a súa forma de traballo diario, pero tamén suporá un cambio para os administrados.

O principal será para as entidades xurídicas que traballan co Concello de Pontevedra. Todas elas, dende o 1 de febreiro, terán obriga de presentar electronicamente toda a documentación que dirixan ao Concello, a traves de sede.pontevedra.gal. Pola súa banda, o Concello tamén lles remitirá todas as notificacións a través deste mesmo procedemento. É dicir, elimínase o papel nas relacións diarias das empresas co Concello, é a inversa.

O Concello traballan cunhas 11.000 empresas ao ano, ás que hai que sumar aquelas entidades que non sexan xurídicas como colexio profesionais, notarios ou rexistradores da propiedade, que tamén teñen a obriga de presentar toda a súa documentación electronicamente.

Dende xaneiro de 2015, o Concello xa obrigou a todas as empresas a presentar as súas facturas electronicamente, a través da plataforma habilitada polo Estado. Segundo os datos dos que dispón o Concello, dende a entrada en vigor da sede electrónica (o 1 de marzo de 2016) recibíronse 8.805 facturas electrónicas.

Persoas físicas

No que respecta ás persoas físicas (ou particulares), non están obrigadas a recibir as notificacións electrónicas. Este colectivo, igual de numeroso que o anterior, terá a posibilidade de decidir se quere que se lle notifique todos os seus expedientes electronicamente ou un procedemento en concreto, e o resto en papel. No caso de non informar ao Concello, as notificacións seguirán remitíndose en papel.

O obxectivo do Concello é facilitar o traballo tanto aos administrados como aos servizos municipais. De tal xeito que, os que teñan que notificar electronicamente algo ao Concello poderán facelo a través dos procedementos implimentados en sede.pontevedra.gal e remitirase directamente ao servizo, sen ter que pasar polo Rexistro Municipal. No caso de que non exista o procedemento implementado na sede, este documento pasará previamente polo Rexistro Municipal que o remitirá ao servizo correspondente.

O Concello ten o propósito de ir reducindo a entrada de notificacións a través do Rexistro para que os administrados poidan dirixirse ao servizo interesado, polo que pouco a pouco irá completando a carteira de procedementos directos que ofrece a través da sede electrónica.

Tamén tratará de ir notificando á carteira de empresas que obran nas bases de datos municipais esta nova medida.

Dende a entrada en vigor da sede electrónica municipal, esta ferramenta recibiu 408 solicitudes electrónicas, das cales 71 son de persoas xurídicas e 337 de persoas físicas. A estas entradas habería que sumarlle a presentación das facturas electrónicas que foron 8.805 dende a mesma data, tal e como se dixo anteriormente.