Verea-2 abre a porta á renovación das empresas e emprendedores locais

203

Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica e da Cidade, presentou hoxe a convocatoria do programa Verea-2, un programa pensado para fortalecer o tecido empresarial local. Hoxe mesmo ábrese o período de inscrición que dura todo o mes de febreiro. En marzo se fará a selección entre e camiño comezará a mediados de marzo.

O programa de acompañamento empresarial desenvolverase da seguinte forma:

– 21 horas de acompañamento persoalizado e baixo demanda:
– Individuais: ao longo das 7 sesións as persoas marcan os seus propiosobxectivos.
– Grupais: 3 sesións (unha cada mes) nas que se abordarán as potencialidades e oportunidades que as 20 persoas emprendedoras ou empresas seleccionadas consideren, para incorporalos para acadar o seu obxectivo.

Poderás inscribirte nestas vías de contacto: Presencial: Casa da luz ou Teléfono: 986 848 552, 986 841 606 e no 617 793 390

Mail: administracion@proxectoiles.es  ou planverea@gmail.com

Web: www.proxextoiles.es ou Perfil en Facebook do Plan Verea

“Os datos da primeira edición avalan o éxito do proxecto”, subñiou a concelleira Anabel Gulías quen destacou a heteroxeneidade das empresas e emprendedores e o perfil tradicional das actividades e “grande potencial que hai nas empresas locais, orgullo da nosa cidade”

20 persoas que teñen empresa ou proxecto emprendedor de Pontevedra pertencentes a diferentes sectores -comercio, servizos empresariais, servizos de saúde, loxística, etc.- comezaron o camiño no ano 2016, delas 18 – é dicir, un 90%- cumpriron os obxectivos que se marcaron eles mesmos, entre eles: a creación de postos de traballo -un 22%- e incremento do seu volume de negocio -nun 60% dos casos

O Plan Verea é financiado na súa totalidade pola Concellería de Promoción da Cidade do Concello de Pontevedra, pero sí é esencial a motivación, implicación e compromiso persoal, dous elementos clave para percorrer o camiño.