- En colaboración co Cineclube Pontevedra, ‘Brave’, ‘O teito do mundo’ , ‘Pompoko’ ou ‘O principiño’ son algún dos títulos escollidos, relacionados con tema central deste do Salón do Libro 2017
- As proxeccións, recomendadas para todos os públicos, terán lugar no Salón de Actos ás 12:00 e ás 18:00h.
O Salón do Libro 2017 comeza a pechar algúns detalles da súa programación. Logo de coñecer hai un par de semanas os espectáculos teatrais que contarán con pases concertados con escolares e para público familiar, presentan un ciclo de cine de carácter infantil para as fins de semana. Hai anos que o Salón aposta por este tipo de proxeccións e nesta ocasión, en colaboración co Cineclube Pontevedra, achegará 8 títulos entre os que se atopan estreas recentes de animación nas que os valores de ‘O mundo que queremos’ están moi presentes.
Sábado 11 de marzo
- ‘Pompoko’ – 12:00h.
Isao Takahata, Xapón, 1994
Os mapaches viven felices nos montes: a comida abonda, a auga é clara, a convivencia coa humanidade, que os venera, é boa. Pero Tokio medra, os humanos precisan máis casas e o hábitat dos mapaches corre perigo. Fai falla un plan para frear o avance da humanidade!
Duración: 114 min.
- ‘O teito do mundo’ – 18:00h
Rémi Chayé, Francia, 2015
1882. San Petersburgo. Sasha é unha mociña aristócrata rusa fascinada pola vida de aventuras do seu avó Olukin, explorador de sona que fixo construír o Davai, un magnífico barco que nunca regresou da súa derradeira expedición ao Polo Norte.
Duración: 81 min
Domingo 12 de marzo
- ‘Neve e as árbores máxicas’ – 12:00h.
Antoine Lanciaux, Sophie Roze e Benoît Chieux, Francia, 2014
Catro contos inesquecibles que xiran arredor do medio ambiente e as árbores, en cuxos mundos, poboados por entrañables personaxes, hai un lugar para o enxeño, a amizade, o respecto e a alegría de convivir coa natureza.
Duración: 51 min.
Domingo 12 de marzo
- ‘Brave’ – 18:00h
Mark Andrews, Brenda Chapman e Steve Purcell, 2012, EE UU
A princesa Mérida é unha hábil arqueira con ansias de vivir as aventuras que lle escoita ao seu pai, o rei Fergus. Por iso, facéndolle fronte ao destino e aos costumes do seu tempo, emprenderá unha longa viaxe na procura do seu soño.
Duración: 90 min.
Sábado 18 de marzo
- ‘Wall.E ‘ – 12:00h.
Andrew Stanton, 2008, EE UU
Ano 2800. Unha Terra devastada e sen vida. Tras centos de solitarios anos limpando o lixo do planeta, Wall.E atópase con Eve, unha moderna robot exploradora con quen vivirá unha emocionante aventura ao longo da Galaxia.
Duración: 103 min.
- ‘Zootrópolis’ – 18:00h
Byron Howard, Rich Moore e Jared Bush, 2016, EE UU
Cando a optimista Judy Hopps pon un pé en Zootrópolis, decobre que ser unha coelliña nun corpo de policía cheo de temibles animais non é doado. Decidida a mostrar a súa valía, lánzase a resolver un caso, aínda que isto implique traballar canda a un raposo lingoreteiro coma Nick Wilde.
Duración: 108 min.
Domingo 19 de marzo
- ‘O principiño’ – 12:00h
Mark Osborne, 2015, Francia
Adaptación animada da obra mestra de Saint-Exupéry. Unha nena que está a ser preparada pola súa esixente nai para vivir no mundo adulto faise amiga do seu veciño, un excéntrico e ancián aviador que lle vai revelar un mundo extraordinario onde todo é posible..
Duración: 106 min.
- ‘Buscando a Dory’ – 18:00h
Andrew Stanton e Angus MacLane, 2016, EE UU
Dory é un peixe cirurxián cunha irresistible personalidade. Sofre perdas de memoria a curto prazo, o que non adoita influír no seu bo humor e felicidade… Ata que se decata de que esqueceu algo ben importante: a súa familia!
Duración: 103 min.