Un novo contrato da auga, máis prestacións

142

 

A Concellería do Ciclo da Auga está a ultima o novo contrato do servizo municipal de auga. “Esta practicamente acabado tantos os prego, estudio de viabilidade e proxecto de explotación, etc..” sinala o concelleiro responsábel da área e portavoz do Goberno local, Raimundo González

“Pretendemos que vaian todas as cuestións relacionadas co ciclo da auga” subliña Raimundo González quen explica que o contrato actual inclúe a auga alta dende que sae do Pontillón ou do Lérez até a estación potabilizadora; a auga en baixa, dende a estación potabilizadora até que sae no billa e o saneamento, dende o billa até a estación depuradora de Lourizán. Porén “hai cantidade de prestacións que non veñen recollidas no contrato actual e que vamos a incluír no que vai a vir” sinala o concelleiro.

A concesionaria do novo contrato terá que asumir novas prestacións como:

  • toda a rede de pluviais
  • mantemento das fontes públicas, arredor de 400 sumando as urbanas e as rurais
  • mantemento e reposición dos contadores e acometidas. Os usuarios só terán a obriga de instalar o primeiro contador e facer a acometida entre a rede xeral e a vivenda ou edificio.
  •  incorporación da ampliación da potabilizadora e novos bombeos
  • reparación e mantemento da rede de alta, que agora asume o Concello
  • mantemento da galería de servizos

A inclusión das novas prestacións incrementará o custe do contrato inda que a medio prazo beneficiará as arcas municipais e ademais evitará conflitos cos usuarios do servizo.

 

“Este aumento do custo para o Concello non afectará necesariamente aos usuarios xa que a tarifa vai a estar ligada ao consumo” lembra Raimundo González que tamén e concelleiro de Economía.

Mañá, 14 de febreiro, haberá unha xuntanza cos responsábeis dos distintos servizos municipais co fin de avaliar o Decreto do 3 de febreiro que regulamenta as cláusulas de revisión dos contratos da administración.