O Concello paga aos provedores en tempo

22

“O Concello fai os seus deberes, non só paga en prazo -a lei fixa un máximo de 60 días- se non que o tempo medio de pago disminuiu respecto ao ano anterior”. O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González deu a coñecer os datos do pago a proveedores do último trimestre do 2016, período onde se fixeron pagos por case 10 millóns de euros.

As cifras dos distintos organismos municipais son os seguintes:

4º trimestre do 2016

CONCELLO

  • Tempo medio de pago, 44,13 días
  • Facturas pagadas, 2.935

IMD

  • Tempo medio de pago, 14,96 días
  • Facturas, 104

PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS

  • Tempo medio de pago, 17,23 días
  • Facturas pagadas, 177

TURISMO

  • Tempo medio de pago, 7,65 dias
  • Facturas pagadas, 68

A axilidade de pago a provedores non só mantense no tempo se non que os prazos van a menos inda que a facturación vaia a máis. Raimundo González puxo como exemplo ao CONCELLO

Gasto anual

  • 33.353.000 euros (2015)
  • 35.230.000 euros (2016)

Tempo medio de pago anual

  • 45,09 días (2015)
  • 40,04 días (2016)

LIQUIDACIÓN (Avance)

O Concello rematou o ano 2016 cun superávit de 5.428.000 euros, segundo o avance da liquidación das contas do pasado exercicio presentado polo concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo, quen relaciona o dato cunha redución substancial dos gastos correntes municipais.

“Este superávit adicarase a inversións financieiramente sostibles -o destino permitido por lei- e en concreto a actuacións en vías urbanas e de accesibilidade no rural”, anuncio o concelleiro. Os proxectos están en marcha, sinalou Raimundo González quen engadiu que o investimento non poderá ser efectivo até que o Ministerio de Hacienda aprobe os seus orzamentos.

O esforzo de contención feito pola administración local nos seus gastos correntes levou a que o ano 2016 rematase cun gasto real de 28.925.000 euros, fronte aos case 33 millóns de euros consignados no orzamento municipal.

O avance da liquidación das contas municipais recolle que ao peche do exercicio pasado estaban executadas actuacións por valor de 10.923.755 euros o que supón 2,87 millóns máis que o ano anterior.

Porén para ter unha visión real da execución dos investimentos habería que engadir ao dato, arredor de 4 millóns máis de obras e traballos que están en marcha inda que o groso do pago estea sen abonar. O Concello de Pontevedra arrancara no ano 2016 cunha previsión de investimentos de arredor de 18 millóns.