Novo contrato de subministro eléctrico, só enerxía “verde”

35

O Goberno local deu luz verde hoxe ao inicio do procedemento de licitación do subministro de enerxía eléctrica por un importe de 1,6 millóns de euros. O contrato cubre arredor do 70-75% da enerxía consumida no concello xa que quedan fóra os subministros de menos de 10 kw/hora.

Tal como explicou o portavoz do Goberno local, Raimundo González, o contrato que sairá a licitación é para 2010 subministros que suman 10.093.845 kw. Terá vixencia dun ano prorrogable outros dous. Esta enerxía atenderá as necesidades do alumenado público, das escolas, centros municipais, gardería, auditorio e pavillóns deportivos.

“Traballamos cunha formulación de vangarda: toda a enerxía subministrada ten que ser e estar acreditada como verde” subliñou o portavoz do Goberno local. Son “verdes” as enerxías renovables (eólica, solar,…) e a de co-xeración de alta eficiencia como pode ser a de biomasa. Queda fóra polo tanto a enerxía nuclear, do carbón, fuel… “Que a enerxía subministrada vai a ser determinante na adxudicación do contrato, xunto co prezo” engadiu Raimundo González.

O centro municipal máis consumidor de enerxía eléctrica é o Pazo de Congresos, que consume 447.678 kw/ano

E canto as rúas a listaxe de maiores consumos* está encabezada por:

– Andrés Muruais. 247.000 kw/ ano
– Serra. 244.000 kw/ ano
– Gutiérrez Mellado. 197.00 kw/ ano
– Parque Rosalía de Castro. 195.000 kw/ ano

* O nome da rúa correspóndese coa ubicación cadro eléctrico que é colectivo, e dicir, abrangue espazos urbanos más amplos