Dúas propostas na nova Memoria en rede

28
  • Cursos base -Aprende a usar o ordenador- para abrir a portas ás novas tecnoloxías
  • Cursos superior -Memoria en rede- para traballar no blog que leva o nome do programa
    e que recollerá a memoria colectiva
  • Impartiranse en Lérez, Alba e na Casazul

O programa Memoria en Rede que promove a Concellería de Novas Tecnoloxías chega a súa terceira convocatoria cunha nova reformulación, segundo explicou o concelleiro da área, Alberto Oubiña. Avaliados os resultados das primeiras experiencias -desenvoltas nas parroquias de Mourente e Lérez- acordouse desglosar os obradoiros en dous niveis:

  • Cursos base, dirixidos a persoas con ningunha ou escasas habilidades no uso das novas
    tecnoloxías.

    • Impartiranse nas parroquias de Lerez (Casa da Cultura) e Alba (Local Social da Devesa). Teñen unha duración de 8 semanas, cunha cadencia de dous días á semana, dúas horas ao día. Serán:
      • Luns e Mércores, de 16.00 a 18.00 horas en Lérez
      • Luns e Mércores, de 18.45 a 20.45 horas en Alba
  • Cursos superior, deseñados para traballar na Memoria en rede. Dirixidos a persoas que
    teñen certo coñecemento do uso das novas tecnoloxías e que están en disposición de
    colaborar dun xeito activo no blog Memoria en rede nado como ferramenta de
    conservación da memoria colectiva.

    • Desenvolveranse na Casazul do Concello. Duración, 8 semanas.
      • Venres, de 18.30 a 21.00 horas.

As inscricións faranse no 3º andar do Concello (Michelena, 30) ou chamando ao teléfono 986.804300 (ext. 7107)

Se o número de inscritos excede o de prazas (hai 15 por curso) realizarase un sorteo
entre as persoas inscritas, o venres 10 de marzo, ás 12 horas.

Memoria en rede naceu coa idea de conectar dous mundos que, en principio, non teñen nada que ver. Por unha banda o futuro e o presente no que estamos, coas novas tecnoloxías como eixo central e fío condutor e, por outra, a recuperación do que poderíamos chamar, entre comiñas, memoria. Memoria en sentido amplo: historias, lendas, vivencias, vidas…