- O espectáculo organizado polo Local de Música, comeza ás 18.00 horas e durará arredor de tres horas
O Teatro Principal acolle este sábado pola tarde, a partir das 18.00 horas (as portas ábrense ás 18.00 horas), a sexta edición do Fest, o Festival de grupos emerxentes de Pontevedra. Logo da selección do xurado, os grupos que participarán son os seguintes:
- Anodhor
- BOHR
- Frank?
- Los puta mierda
- Miguel Alberte
- Onion Smile
- Particle
- STOCK
O concurso consiste nun concerto no que os oito grupos seleccionados farán unha actuación duns 15 minutos para amosar o seu espectáculo. Terá unha duración dunhas tres horas, e mentres delibera o xurado actuará o grupo convidado que nesta ocasión será o Coro Via 7 que ensaia no Local de Música.
Os premios son os seguintes:
- Premio do xurado: Consiste na gravación dun videoclip cunha productora audiovisual por un valor de 1000€. O grupo gañador deberá presentar un guión do traballo antes do 31 de xullo de 2016, e presentar o vídeo antes do 31 de decembro de 2016.
O pasado ano o gañador Van Marban grabou parte da súa peza dende Amsterdam, onde reside na actualidade.
- Premio do público: O público asistente votará e concederá outro premio, que consistirá nunha actuación remunerada na cidade, na festa final do programa xuvenil NOITES ABERTAS do Departamento de Xuventude.
O Fest contará este ano, por vez primeira, coa colaboración da Asociación Xuntos que participará na organización do evento, coas entradas e saídas dos asistentes. A entrada é de balde. Esta actividade forma parte dos actos da entidade inscritos no seu 25 aniversario.