O Concello pecha o 2016 con 23,5 millóns de euros en caixa

57

O Concello de Pontevedra pechou o ano 2016 cun orzamento de 82.634.000 euros logo das incorporacións de crédito e modificacións, xa que o punto de partida era de 71.915.000 euros, segundo informou esta mañá o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, ao dar conta dos principais números da liquidación do orzamento do ano pasado. Esta situación “reflexa a solvencia do Concello que é extraordinaria porque non ten débeda, dispón dun importante remanente de Tesourería e paga a provedores en pouco tempo”, explicou o responsable das Contas municipais.

Segundo aquel informe o grao de execución do orzamento foi do 87,87%. E a execución dos investimentos foi de 75,71%, no que se inclúen obras en marcha pero que estaban pendentes de certificar como Javier Puig ou o estacionamento de auto-caravanas, entre outras.
A débeda a 31 de decembro de 2016 foi de 16.638.000 euros. Explicou que esta é a débeda real do Concello, xa que non ten pagos pendentes do Ministerio de Facenda de liquidacións por cargos a conta de anos anteriores. Os últimos pagos foron os do ano 2011 que xa están liquidados.

O pago a provedores é de 34,75 días, moi por baixo dos 60 días que permite a lei.

O remanente de Tesourería é de 13.008.082 euros, e a 31 de decembro a caixa do Concello era de 23,5 millóns de euros. O superávit de 5.580.000 euros

Segundo o concelleiro de Economía e Facenda, esta situación “reflexa a solvencia do Concello que é extraordinaria porque non ten débeda, dispón dun importante remanente de Tesourería e paga a provedores en pouco tempo”.

A intención do Goberno é destinar o remanente de Tesourería a incorporacións de crédito; as modificacións de crédito a investimentos e actividade social; e o superávit a investimentos financieiramente sostibles sempre e cando se aproben os Orzamentos xerais do Estado.