Parque Amalia Álvarez, un espazo verde adicado á integración laboral

48

O parque urbano Amalia Álvarez é un dos espazos verdes da cidade adicados á integración laboral. Hai dous máis: a praza da Liberdade e a contorna de Vialia.

Neste espazo desenvolveuse hoxe unha actividade conxunta de formación e traballo co gallo do Día da Árbore que tivo como protagonistas a 23 traballadores con discapacidade intelectual da Fundación Juan XXIII e a 9 alumnos do Centro de Educación Especial (CEE) Príncipe Felipe.

Todos eles traballaron arreo en tarefas de mantemento e reposición no parque Amalia Álvarez: cortaron a herba, rozaron, podaron árbores e plantaron novos exemplares co fin de pór a punto este novo espazo de lecer.

Até alí achegouse a concelleira de Benestar Social Municipal, Carme Fouces, que quixo pór en valor a aposta que fai o Concello pola integración laboral e social das persoas con discapacidade, neste caso intelectual. Un aposta que abrangue as distintas áreas de actuación municipal como, por exemplo, o departamento de Parque e Xardíns pois traballadores da Fundación Juan XXIII adícanse ao coidado e mantemento de espazos verdes públicos.

Hoxe é o Día da Árbores e tamén o Día Mundial da Síndrome de Down, unha dobre celebración que subliña o traballo feito a prol da integración laboral das persoas con discapacidade.