Xa temos aquí o Galegote Rock

164

    • O Festival celebrarase o 29 de abril, pero xa hai actuacións previas 20, o 27 e 28 de abril

A Concellaría de Normalización Lingüística presentou esta mañá á sexta edición do Galegote rock, un programa de música en directo promovido en colaboración con Pontevedra ao Vivo, co fin de dar a coñecer intérpretes e grupos de música de distintos estilos e achegar ao público unha ampla oferta de música de calidade, feita en galego e en directo, tanto en locais pechados como en prazas, rúas e xardíns.

O programa arranca esta mesta tarde co concerto de Mushu, un grupo pontevedrés formado por alumnas dos mestres Maceira e Gayoso, saídas do Rocklab e do Estudo Bonobo. Será na Casa da luz, ás 18.00 horas.

Con este concerto preséntase o Galegote que se desenvolverá os días 27, 28 e 29 de abril en distintos espazos do centro histórico da cidade. Nesta edición artéllase arredor de trece concertos de distintos estilos, combinados con programación infantil e unha cervexa de edición especial para o Galegote Rock, que se presentará o 20 de abril.

A entrada a todos os concertos e actividades é de balde.

Pódese consultar máis información nas redes do Galegote Rock:

Programa completo

  • Venres 24 de marzo. 18.00 h Casa da Luz, acuario – Praza da Verdura 

Mushu: Grupo pontevedrés formado por alumnas dos mestres Maceira e Gayoso, saídas do Rocklab e do Estudo Bonobo.

  • Xoves 20 de abril. 20.30 h The Basset Beer Club

Presentación da cervexa Galegote Rock

Concerto de Arturo Delgado “Querido Extraño” (Pontevedra). Este personaxe está influído polos estilos dos anos 50, 60, 70: rock, country, swamp, surf, pop, folk, blues… En formato acústico, acompañado de guitarra, harmónica e percusión.

  • Xoves 27 de abril.
    • 21.00 h O Grifón

Oh! Ayatollah (Santiago de Compostela)

https://youtu.be/FoikUciGNAg

https://ohayatollah.bandcamp.com/

    • 22.30h El Pequeño 

Lamprea Explosiva (Vigo)

https://lampreaexplosiva.bandcamp.com/

  • Venres 28 de abril
    • 21.30 h O Diaño

Miguel Alberte e Banda (Pontevedra)

https://www.facebook.com/miguelalberte/

    • 22.45 h PUB LEGO

Eu Son Vodoo (A Coruña). O estilo desta banda vai desde o soul ao chill out e ao rock progresivo. Fan unha música coidada. Din “queremos que sexa unha mestura desta música que te leva a outros lugares cando a escoitas, que non sexan cancións de usar e tirar.”

  • Sábado 29 de abril
    • 12.00 h rúa da Marquesa

O Fillo do Fiusa DJ (Pontevedra)

Dani Moure (Pontevedra)

    • 13.00 h praza de Santa María 

Eladio y los Seres Queridos (Cantares) (Vigo)

https://www.eladioylosseresqueridos.es/

O seu traballo Cantares está proposto para os Premios MIN da música independente na categoría do mellor álbum en galego, xunto a: Caxade, Guadi Galego, Malandrómeda e Os Amigos dos Músicos.

    • 14.15 h praza da Pedreira

Mike Grelo e Curmán (Pontevedra)

    • 16.00 h alto de San Francisco-praza de Ourense

Güintervan (Galicia)

https://www.facebook.com/guintervan/

    • 17.10 h praza Curros Enríquez

Malandrómeda (Santiago de Compostela)

https://malandromeda.com/

O seu traballo Cada can que lamba o seu carallo está proposto para os Premios MIN da música independente na categoría do mellor álbum en galego, xunto a: Caxade, Guadi Galego, Eladio y los Seres Queridos e Os Amigos dos Músicos.

  • Praza da Pedreira
    • 18.20 h  Atrás Tigre (Santiago de Compostela)

https://atrastigre.bandcamp.com/

    • 19.30 h  Chicharrón (Carballo)

https://chicharron.bandcamp.com/

    • 20.40 h  Terbutalina (Galicia)

https://www.terbutalina.net/

Programación infantil

Praza da Pedreira, sábado 29 de abril

  • 12.30 h  Xogos tradicionais e xincana
  • 17.00 h Contacontos

Na praza da Pedreira haberá durante todo o día un minimercadiño con cervexas artesanais, comidas tradicionais e discos das bandas participantes.