Máis de 100.000 euros para o camiño escolar de Salcedo

63

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o inicio do proceso de contratación do camiño escolar na parroquia de Salcedo. É un proxecto de 116.234,72 euros que pretende que os cativos poidan acudir ao colexio en condicións de seguranza. Este proxecto vénse a sumar ao recentemente presentado polo concelleiro delegado da área rural, Demetrio Gómez nos colexios de Lérez e Mourente.

O propósito é trasladar os estándares de calidade e seguranza da zona urbana ao rural pontevedrés, e neste caso foi o centro que visitou o pedagogo Francesco Tonucci, como exemplo de que o modelo se pode estender por todo o territorio municipal. Ademais, a execución deste camiño escolar foi unha das prioridades aprobadas no Consello parroquial de Salcedo.