A compostaxe suma unha nova experiencia de éxito no campus

74

O composteiro comunitario do campus universitario é de marca: no tempo de produción -non chega aos tres meses-  e na calidade do seu produto. Até a Xunqueira foron o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores acompañado polo oncelleiro de Infraestruturas e vicepresidente da Deputación, César Mosquera, coincidindo coa Semana da Creatividade que pon en marcha o Campus Crea da Universidade de Vigo en Pontevedra e coa entrega da primeira achega do composteiro.

Hai un traballo “moi grande” detrás deste éxito dos aportadores dos restos e do mestre composteiro, lembrou o alcalde quen subliñou que “o importante é que estas experiencias piloto están a darnos unha base de aprendizaxe para ir avanzando e estendendo a compostaxe”. Neste composteiro recolléronse 5 toneladas de bio-residuos nos tres meses que leva funcionando, serán 20 ao cabo do ano, unha capacidade dabondo para atender as necesidades xeradas polas cafeterías- restaurantes universitarios.

Os técnicos aseguran que o compost xerado no campus da Xunqueira é de moi boa calidade, sen materiais pesados, e cun índice de nitróxeno biolóxico que ten chegado ao 7% (para facer un compost de calidade agárdanse índices do 2%). Están a estudar os motivos destes niveis tal elevados de nitróxeno, que falan da súa calidade, pero atribúen os bos resultados xerais á boa separación en orixe.

O éxito das experiencias piloto de compostaxe de Pontevedra se pode estender a toda a provincia. Segundo o vicepresidente da Deputación e concelleiro de Infraestruturas: “non houbo nunca un programa deste tipo non que se integraran concellos de todo color e que as queixas ou a oposición previa fora tan baixa”. “Penso”, engadiu, “que é un programa que nun tempo marca acadou moitísimos obxectivos: non hai ningún campus que trate todos os bioresiduos, xa hai composteiros en 30 concellos da provincia…”.

Mentres, o Concello traballa na adquisición dos composteiros individuais e colectivos que se distribuirán polas parroquias e os barrios da cidade