Convocadas axudas para a adquisición de taxis adaptados

46

O Concello de Pontevedra convoca unha liña de subvencións para a adquisición de vehículos autotaxis adaptados a persoas con mobilidade reducida ou para a reconversión dos existentes. O prazo é dun mes dende a publicación da convocatoria no BOP (mércores, 19 de abril).

É a segunda vez que o Concello saca este tipo de subvencións que teñen como obxectivo fomentar que a rede de taxis local teña vehículos adaptados a persoas con necesidades especiais.

Poden optar a estas axudas as persoas físicas titulares de licenza de taxis do Concello de Pontevedra que adquiran a propiedade dun vehículo novo adaptado ou adapten o vehículo que xa teñan no período que vai do 1 de xaneiro do 2016 e o fin da vixencias das bases.

As bases reguladores son as recollidas na Ordenanza Xeral de subvencións do Concello aprobada polo Pleno municipal do 17 de setembro de 2004 e publicada no no 190, do 20 de setembro.

O Concello de Pontevedra conta cunha partida de 10.000 euros para estas subvencións e o importe máximo para unha subvención será de 5.000.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publicase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (https:// www.pap.minhap.gob.es/ bdnstrans/es/index)

Taxis- BOP. pdf