Pontevedra, obxecto de aplauso e exemplo de valentía en Puente Genil

43

    • O concelleiro de Mobilidade de Córdoba, Andrés Pina confesou que o Goberno local vai cara a implantación dun modelo de cidade como o da capital do Lérez.
    • O consejero de Justicia e Interior da Junta de Andalucía e o alcalde de Puente Genil danlle os parabéns ao alcalde pola valentía de pór en marcha esta tranformación.
    • O representante dos Carabineros de Chile calificou de “exemplo extraordinario, importante e relevante” a reforma de Pontevedra.

Pontevedra continuou a ser protagonista na xornada de clausura do I Congreso Iberoamericano de Policías pola seguridade viaria que se celebrou dende o xoves na cidade cordobesa de Puente Genil. Referencias por parte dos ponentes participantes na última sesión, os parabéns do consejero de Justicia e Interior de la Junta de Andalucía ou o apoio entusiasta do concelleiro de mobilidade de Córdoba ao modelo de Pontevedra, foron algúns dos aspectos salientables da xornada.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado do intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle, participou na mañá nunha entrevista nas instalacións de Onda Cero Puente Genil dirixida dende Pontevedra por Susana Pedreira e dende Córdoba por Pilar Sanabria, xunto ao concelleiro de Mobilidade de Córdoba, Andrés Pino. Na animada conversa, que se emitirá simultaneamente en Onda Cero Córdoba e Pontevedra o vindeiro martes, Andrés Pino recoñeceu que “teníamos unas ganas locas de poner en marcha el Metrominuto, porque es una herramienta básica para fomentar lo que tienen en Pontevedra”. Córdoba acaba de implantar unha primeira fase do Metrominuto na cidade cunha importante campaña de difusión no centro urbano “que tuvo una gran receptividad por los veciños. Estamos muy contentos”.

Andrés Pino recoñeceu estar disposto a “un hermanamiento de movilidad Pontevedra-Córdoba, ahora mismo”, e confesou que o Goberno Local ten “una apuesta por el modelo de ciudad de Pontevedra para llegar a crear una ciudad amable. Cuesta al principio, pero lo que nos preocupa es llegar a copiar, de alguna manera, el modelo de ciudad amable, para las personas, que tiene Pontevedra”.

Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra lembrou que “nós temos un modelo a disposición das persoas por si lles sirve, pero cada cidade ten o seu propio camiño, cos seus ritmos, traballando sempre para a que a xente sexa feliz na súa cidade”.

Valentía na aplicación da transformación

No marco do Congreso, o alcalde mantivo un breve encontro co consejero de Justicia e Interior de la Junta de Andalucía, Emilio de Llera Suárez-Bárcena, no que tamén estivo presente o alcalde de Puente Genil, Esteban Morales Sánchez. O rexedor cordobés explicou ao responsable da Junta de Andalucía que o alcalde de Pontevedra sorprendeu  ao auditorio cunha conferencia sobre a transformación de Pontevedra que destacou pola súa valentía na aplicación. Fernández Lores explicou ao consejero da Junta os principios básicos de esa transformación e animou aos políticos a traballar nese sentido.

Pontevedra tamén foi obxecto de referencia nos distintos paneis que se celebraron durante a xornada de clausura. Foi mencionada por José Ramón Martínez Martínez, intendente da localidade valenciana de Vila Real (50.000 habitantes) quen lembrou a intervención do día anterior de Fernández Lores cando instou aos asistentes “a no dar vandazos. Tenemos que tener claro lo que tenemos que hacer” en materia de seguridade viaria, é dicir, con rumbo certo todo vento é favorable unha das máximas do Goberno de Pontevedra, tendo en conta sempre “la singularidad de cada ciudad, es importante que cada uno tenga su propia programación”, que sempre recorda o alcalde Lores.

“Ejemplo extraordinario, importante y relevante”

Tamén foi obxecto de mención por parte de Jorge Garrido Díaz, xeneral xefe da zona de Tránsito y Carreteras de Carabineros de Chile, que calificou a Pontevedra de “ejemplo extraordinario, importante y relevante”, porque “reúne todos los ingredientes para que no haya víctimas fatales (mortales)”, durante a súa ponencia sobre “La labor de Carabineros en la seguridad vial”.

A representación pontevedresa no Congreso de Puente Genil realizou diversos contactos con ponentes e asistentes ás xornadas e á exposición adxunta ao congreso que se celebraba na sala deportiva municipal onde o alcalde tivo a oportunidade de coñecer ao afamado Poli Paco de Sanxenxo, que participou neste congreso cos policías da localidade Abelardo Martínez e Manuel Martínez.