Adxudicado a Iberdrola o subministro de enerxía eléctrica

45
  1. O oferta económica -cunha baixa de 114.000 euros, algo máis do 7%- foi determinante para adxudicar a Iberdrola o novo contrato de subministración de enerxía eléctrica do municipio. O portavoz do Goberno local, Raimundo González, anunciou hoxe a decisión ao remate da xunta de Goberno do Concello de Pontevedra.O contrato saíra a licitación por 1.598.000 euros e Iberdrola asume o servizo por 1.484.000. A igual que as súas competidoras do concurso, a adxudicataria comprométese a subministrar enerxía “verde”, e dicir, “o 100% da enerxía subministrada procederá de renovables e de coxeneración de alta eficiencia” subliñou Raimundo González.

    O contrato ten vixencia dun ano, prorrogable até tres anos máis.

    Xunto con Iberdrola concorreran ao concurso de subministro eléctrico as seguintes compañías: Nexus, Unión Fenosa, Ados e Endesa.

    O contrato cubrirá arredor do 70-75% da enerxía consumida no concello -alumeado públicos, colexios, centros culturais e sociais,…- xa que quedan fóra os subministros de menos de 10 kw/hora. É para 2010 subministros que suman 10.093.845 kw. Esta enerxía atenderá as necesidades do alumeado público, das escolas, centros municipais, gardería, auditorio e pavillóns deportivos.

    O centro municipal máis consumidor de enerxía eléctrica é o Pazo de Congresos, que consume 447.678 kw/ano.