Luz verde á rehabilitación integral do barrio do Cabo (Lourizán)

55

O proxecto de rehabilitación integral do barrio mariñeiro do Cabo, na parroquia de Lourizán, bota a andar. A xunta de Goberno local deu hoxe luz verde ao proxecto polo que abrirase o prazo para a presentación de ofertas.

A rehabilitación do Cabo inclúe, segundo explicou o portavoz do Goberno local, Raimundo González as seguintes actuacións:

  •  mellora do acceso ao barrio dende a praza dos Praceres
  • reordenación do aparcadoiro que hai ao carón do colexio
  • rehabilitación integral das rúas do barrio
  •  mellora do acceso á praia
  • iluminación de toda a contorna

O proxecto de reforma integral ten un orzamento de 216.232,81 euros e un prazo de execución de catro meses, a contar dende a adxudicación da obra.

A rehabilitación do Cabo opta a unha subevnción do Grupo de Acción Costeira o que permitirá ampliar o proxecto a outras zonas do barrio ou realizar traballos de recuperación patrimonial tanto no eido da toponimia como de espazos na contorna do Cabo.