Traballamos para facer do monte do Taco un espazo de lecer

243

Dáse un novo paso adiante no acondicionamento do monte do Taco como espazo público para uso e goce da veciñanza. Da man dos servizos técnicos municipais se están acometendo traballos de limpeza, posta a punto e melloras na accesibilidade, unhas actuacións que levaron hoxe ata alí aos concelleiros de Obras e de Parques e Xardíns, Demetrio Gómeza e Alberto Oubiña.

Os traballos arrancaron co desbroce e limpeza da parcela e do muro perimetral. Avaliarase o estado do paredón para decidir se hai ou non que conservalo. Nas próximas semanas construirase un acceso peonil e una escaleira para salvar o desnivel da parcela, na que tamén habilitarase unha senda interior.

Os traballos – adxudicados a empresa E.C.Casas- teñen un custe de 58.200 euros, IVE incluído.

A recuperación do monte do Taco, unha parcela de 1.400 metros cadrados ao carón da foz do Gafos, forma parte dun plan xeral do Concello de Pontevedra para a recuperación e apertura de espazos verdes e espazos públicos para a cidadanía. Un proxecto de amplo calado que xunto as parcelas cedidas polo Adif (Médico Ballina, 12 de Novembro e A Seca), a parcela do Burgo e Mollabao suman arredor de 27.000 metros cadrados en distintas zonas da cidade.

Plano mONTE DO TACO