Ampliación do horario das terrazas pero compatible coa actividade comercial

77
  • Os comerciantes apoian a demanda dos hostaleiros e piden que os elementos decorativos (anclaxes, toldos..) non reste visibilidade aos seus negocios
  • A concelleira de Promoción da Cidade subiña a cordialidade e o espírito construtivo do comercio local ao abordar a reforma da ordenanza de veladores

A cordialidade e o espírito construtivo presidiu a reunión mantida polos representantes das asociacións de pequenos empresarios e comerciantes coa concelleira de Promoción da Cidade e responsábel de actividades terciarias, Anabel Gulías para falar da revisión da ordenanza municipal de veladores. Na reunión, celebrada onte na Casa da Luz, participaron CCU-Zona Monumental, Aempe, Galerías Oliva e Cámara de Comercio.

A ampliación e flexibilización dos horarios e a estética das terrazas -cuestións formuladas polos hostaleiros- centrou a reunión na que os representantes das pymes e comercio local amosaron o seu apoio a estas demandas sempre que se cumpran certas condicións: que non choquen coa convivencia veciñal, que non entorpezan a carga e descarga e que os elementos decorativos das terrazas (anclaxes, toldos…) non colisionen coa actividade comercial, e dicir, que non reste visibilidade aos negocios. “Son cuestións todas elas razoables” indicou a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, quen comparte a formulación de que os veladores e terrazas teñen que convivir co día a día da cidade.

O encontro forma parte da ronda de contactos posta en marcha pola Concellería de Promoción Económica para escoitar as demandas dos distintos colectivos empresariais e sociais respecto aos veladores, recoller achegas e finalmente acadar o maior consenso posíbel na revisión e actualización da ordenanza vixente

A de onte foi a segunda reunión, após da mantida o pasado 24 de abril co sector da hostalería que puxo a énfase na necesidade de ampliar e flexibilizar o horario das terrazas e na posibilidade de abrir o abano de materias para as terrazas, a outros homologables aos esixidos no día de hoxe inda que máis lixeiros.

Conxugar o desenvolvemento da actividade económica co uso cidadán do espazo público e principal reto a enfrontar. Para os próximos día hai previstos novos encontros.