O modelo Pontevedra estará no Forum Civinet de Valencia

38
  • A participación cidadá e o reparto do espazo urbano estarán non centro do debate
  • Os concelleiros de Mobilidade, Demetrio Gómez e Promoción da Cidade, Anabel Gulías participan no foro que ten de lema “A cidade para a xente”

Pontevedra estará presente no VIII Forum Civinet España e Portugal que se desenvolverá en Valencia os próximos días 18 e 19 de maio co lema “A cidade para a xente”. Os concelleiros de Mobilidade, Demetrio Gómez, e de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, participarán no foro amosando o por que de ser un referente internacional en mobilidade e deseño democrático de cidade.

Civinet é unha rede internacional impulsada pola Unión Europea adicada a estudar e traballar na mellora da mobilidade dos espazos urbanos. Na actualidade teñen 800 experiencias no punto de mira, entre elas Pontevedra.

Nesta ocasión o foro versa sobre as políticas de participación cidadá, mobilidade sustentábel e reparto do espazo público, unha temática na que Pontevedra ten moito que aportar. Segundo sinala o concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, “por unha banda somos un referente internacional a nivel de mobilidade, de deseño urbano e por outra, porque sábese, e nelo imos facer fincapé, que somos un modelo democrático, participado no ámbito urbano e rural tanto na peonalización, como no aspecto final mais tamén porque somos unha cidade na que se fai unha inversión de prioridades, se prioriza o peón sobre os vehículos, se pensa unha cidade para o convivio, sen privilexios, igualitaria”. En resume “temos unha cidade acolledora e dinámica”.

A participación no VIII Forum Civinet supón tamén unha oportunidade para darnos a coñecer o que ten consecuencias positivas. A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, o modelo urbano tamén é un reclamo turístico e como exemplo pon as visitas guiadas pola cidade. Van a máis e cada vez máis os/as participantes “queren saber de patrimonio, si, mais queren coñecer tamén o modelo urbano”.

Programa e máis información: https://civitas.eu/event/viii-forum-civinet-espana-y- portugal