Pontevedra oponse á desafectación dos terreos de Pontesa

146

    • O Concello proporá que pasen a titularidade municipal

O Concello de Pontevedra recibiu o expediente do Ministerio de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Costas, na que os propietarios da antiga fábrica de Pontesa, situada na parroquia de Ponte Sampaio, solicitan a desafectación dos terreos como dominio público marítimo terrestre.

Neste expediente, o Ministerio solicita o informe do Concello que será contrario a esa desafectación, segundo adiantou esta mañá o concelleiro de Infraestruturas e ordenación do territorio, César Mosquera.

O propósito é tratar de evitar a consolidación do aproveitamento fabril desa lingua de terreo (máis de 29.000 metros cadrados), polo que si finalmente Costas acorda a desafectación, o Concello solicitará que a propiedade pase a mans municipais.