Festa do Apego na Illa do Covo

59
  • Obxectivo: Pasar o día en galego, pasar o día en familia

O programa Apego pon o ramo ás actividades de primavera cunha festa na Illa do Covo, o próximo 27 de maio. “A idea é pasar un día en galego, pasar un dia en familia” subliñou o concelleiro de Normalización Lingüística.

O encontro é un convite a participación de todos os nenos e nenas e familias que participan no Apego, en Pontevedra e nos outros 22 concellos que desenvolven o programa. A Festa do Apego -de 12.00 a 19.00 horas- inclúe un amplo abano de actividades: musica, obradoiros, narración oral, roteiros guiados, xogos…e todo elo cunha zona de descanso e aleitamento, zona habilitada para comer e aparcadoiro de carriños

Apego é un programa creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial na familia pero tamén como lingua de socialización. Ten un afán: que as nosas nenas e nenos medren descubrindo a vida a través da nosa lingua, de maneira natural e sen complexos.

Máis información: www.apego.gal

Dossier da Festa do Apego. Imprimir