- A demora media de pago foi de 45,69 días
O Concello de Pontevedra paga aos seus provedores en tempo, cunha media de
45,69 días de demora cando o prazo idóneo fixado é de 60. O dato correspóndese
co balance contable do primeiro trimestre do ano presentado hoxe polo concelleiro
de Economía e Facenda e portavoz do Goberno local, Raimundo González.
A administración local saldou contas por un total de 11.042.538,8 euros, dos que
10.775.905,26 euros – o 97,5% do total- foron para pagar a provedores do Concello
e o resto son facturas emitidas polo Pazo de Cultura e Turismo (organismos
autónomos).
Segundo os datos facilitados polo concelleiro Raimundo González, do 1 de xaneiro
ao 31 de marzo, pagáronse 2.491 facturas do Concello, máis 78 do Pazo e 34 de
Turismo.
O concelleiro de Economía e Facenda subliña o incremento crecente da contía dos
pagos do Concello:
1er trimestre 2017: 10.775.000 euros
1er trimestre 2016: 9.106.000 euros
1er trimestre 2015: 6.250.000 euros