Máis de 4.100 mozos e mozas participaron nas Noites Abertas- 2017
9
O Concello asume o 100% do custe -101.642 euros- ao retirar a subvención o Plan de loita contra as drogas do Estado
O 54,4% dos participantes, homes e o 45,6%, mulleres e 3 de cada dez tiñan menos de 16 anos
Rematada a dezaoito edición de Noites Abertas, é tempo de avaliación e reflexión. 92
propostas ofertadas, 26 días de actividades e 237 sesións, 115 monitores, 4.150
participantes son cifras que falan do éxito do programa de ocio xuvenil que promove a
Concellería de Xuventude e que este ano celebrou a súa dezaoito edición.
“O programa alcanzou a maioría de idade e ademais alcanzou a independencia
económica” sinala o concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña pois “até de agora viñamos
percibindo unha subvención do Plan de loita contra as drogas do Estado, arredor do 70%
do importe e este ano recibimos 0 euros”.
“O Concello aposta decididamente pola mocidade a aposta decididamente por Noites
Abertas, un proxecto que é referencia neste tipo de actividades” engade Alberto Oubiña,
polo que asume o 100% do orzamento que este ano foi de 101.642 euros o que supuxo
un gasto medio de 24,50 euros por participante.
O monitorado e os responsábeis municipais de Noites Abertas tomaron nota da
consideración “moi positiva” dos participantes nas actividades, respecto á oferta, os
espazos, materias e horarios e por riba de todo o traballo dos monitores e monitoras.
Neste apartado valorouse dun xeito especial o traballo de formación en igualdade e
control da linguaxe e actitudes sexistas desenvolvido pola Comisión de Igualdade, creada
o pasado ano.
Noites Abertas é un programa na que a participación é un piar fundamental a hora de
facer propostas -fixéronse 178 das que foron aceptadas 89- deseñar o programa e
sumarse as actividades. É un programa flexible e en continua evolución, subliñou o
director do programa, Ignacio Márquez que citou como os próximos retos: reformular a
festa final de Noites Abertas (que este ano non houbo) e avanzar nunha proposta de ocio
e educacional.
NOITES ABERTAS 2017
13 fins de semana
26 días de actividdes
237 sesións
16 espazos utilizados
92 actividades diferentes
115 monitores
4.105 participantes (fronte a 4.657 en 2016)
Orzamento. 101.642 euros
Gasto medio por participante 24,50
PERFIL DO PARTICIPANTE
Sexo.
54,4% mozos
45,6% mozAs
Idade.
De 12 a 16 anos. 34%
De 17 a 25 anos. 53%
26 e + anos. 13%
Razóns para participar.
Entretenemento 53%
Aprender 32%
Coñecer xente. 14%
Outros. 1%
Comisión de Igualdade
O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña e o director de Noites Abertas, Ignacio
Márquez, subliñaron o papel desenvolvido pola Comisión de Igualdade que con seis
cursos de formación dirixidos aos monitorxs, esenciais para a erradicación dos
comportamentos e linguaxe sexistas. Neste cursos participaron 81 persoas: 42 mulleres
39 homes.
No desenvolvemento das actividades, avaliaron items como: linguaxe inclusiva, actitude
monitorado, actitude participantes, modelos/materiais, distribución espazo, etc.