A muiñeira ocupará a cidade o 2 de xuño

    8
    • Pontevedra acolle a 46º edición do Día da Muiñeira e irá quentando motores cunha
      palillada e un ciclo de conferencias

    Pontevedra celebra unha vez máis -e van 46- o Día da Muiñeira. A cita é o próximo 2 de
    xuño e o seu epicentro estará na avenida Montero Ríos, a partir das 20.00 horas. Media
    hora antes os grupos participantes sairán en pasarrúas dende a praza do Teucro e a
    musica do grupo Trébede do Morrazo porá o ramo a celebración.

    A Asociación Duos Pontes e o Concello de Pontevedra, entre outros, van da man na
    celebración dunha festa que é unha mostra -e homenaxe- dos bailes tradicionais galegos
    e que cada ano congrega a centos de bailaríns de asociacións, colexios, grupos… de
    toda a provincia.

    Co fin de quentar motores e poñer en valor o noso patrimonio, organízanse distintas
    actividades culturais arredor do Día da Muiñeira: unha palillada na rúa (27 de maio, na
    praza Peregrina) e un ciclo de conferencias (27 e 30 de maio) na Casa das Campás

    XLVI DÍA DA MUIÑEIRA – PROGRAMA
    SÁBADO 27 DE MAIO11.30 horas. Palillada na rúa. Praza da Peregrina. Amenizan os gaiteiros de DUOS
    PONTES e o grupo de baile O VIVEIRO DE PEIS D´HOS de Cangas..

    VENRES 2 DE XUÑO
    19.30 Desfile dos grupos. Praza do Teucro.
    20.00 Celebración do XLVI Día da Muiñeira. Avda. de Montero Rios.
    21.00 Actuación grupo convidado. Grupo de baile TRÉBEDE do Morrazo. Avda. de
    Montero Rios

    CICLO DE CONFERENCIAS
    VENRES 27 DE MAIO
    Casa das Campás. 20.30 horas.
    Faladoiro: CADA TEA SEU PANO. TÉXTILES TRADICIONAIS GALEGOS.
    Carlos Díaz e Manuel Otero. Panosdaqui.

    MARTES 30 DE MAIO
    Casa das Campás. 20.30 horas.
    Concerto didáctico: INSTRUMENTOS POBRES.
    Xabier Blanco.

    Dossier Día Muiñeira