A chuvia non parará a Festa do Apego de mañá na Illa do Covo

    7
      • Están convidadas todas as familias de Pontevedra que participan no programa e as dos 22 concellos que tamén desenvolven a iniciativa

    A Illa do Covo xa está preparada para acoller durante toda a xornada de mañá a festa de remate do programa de primavera do Apego na cidade. “A idea é pasar un día en galego, pasar un día en familia”, en palabras do concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña.

    O encontro é un convite a participación de todos os nenos e nenas e familias que participan no Apego, en Pontevedra e nos outros 22 concellos que desenvolven o programa.

    A Festa do Apego comezará ás 12.00 e prolongarase até as 19.00 horas, e inclúe un amplo abano de actividades: musica, obradoiros, narración oral, roteiros guiados, xogos…Disporá dunha zona de descanso e aleitamento, zona habilitada para comer e aparcadoiro de carriños.

    Apego é un programa creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial na familia pero tamén como lingua de socialización. Busca que as nenas e os nenos medren descubrindo a vida a través da nosa lingua, de maneira natural e sen complexos.

    Máis información: www.apego.gal

    Dossier da Festa do Apego. Imprimir