O grupo Arela amosa os seus coñecementos a través de Noites Puretas

    5

      • Organizan mañá pola tarde, a partir das 17.30 horas, na Casa da Luz e na praza da Pedreira distintas actividades: Ioga Tibetano e obradoiros de sexualidade, creatividade e voz.
      • Noites Puretas é o resultado das estratexias de empregabilidade que puxo en marcha a Concellaría de Promoción Económica a través do programa Arela.

    Os logros do equipo Arela II coñeceranse mañá na actividade Noites Puretas que teñen programada na praza da Pedreira e na Casa da Luz a partir das 17.30 horas. Cabe lembrar que a Concellaría de Promoción Económica puxo en marcha o programa Arela para mellorar a empregabilidade das persoas, e dentro da segunda convocatoria do Arela acordouse celebrar unha xornada de lecer, dirixida aos maiores de 30 anos, para devolver á sociedade parte das actividades adquiridas no curso.

    Noites Puretas desenvolverase na Casa da Luz e na praza da Pedreira, a partir das 17.30 horas. Na Praza da Pedreira realizarase unha sesión de Ioga Tibetano mentres que na Casa da Luz impartiranse obradoiros de sexualidade, creatividade e voz. Os pais e as nais contarán ca posibilidade de deixar os seus peques (de 4 a 10 anos), atendidos nunha ludoteca.

    Os interesados/as poderán inscribirse a través do Facebook Noites Puretas.

    O deseño e desenvolvemento da xornada parte do grupo multidisciplinar formado entre os integrantes do programa Arela II. Este equipo conxuga experiencia en diferentes áreas: psicoloxía, comunicación, ioga, ventas, administración, fotografía, deseño gráfico e loxística entre outras.

    Logo de avaliar as competencias que achegan os seus membros como grupo, o equipo de Arela II decidiu desenvolver unha xornada de lecer, que atenda algunha das expectativas dun público maior de 30 anos.

    Primeiro elaboraron unha enquisa para ter información sobre actividades que poderían interesar a estas persoas, así como a preferencia horaria para levalas a cabo.

    Cunha tormenta de ideas escolleron “Noites Puretas” como marca, unha proposta en ton xocoso que deixa aberta a posibilidade de incluír alternativas de diversa índole.

    A xornada nace cos seguintes obxectivos:

      • Desenvolver unha xornada de lecer para maiores de 30 anos, que conxugue opcións para diversos perfís de público adulto.
      • Incluír a conciliación como proposta de valor.
      • Contribuír có posicionamento de Pontevedra como cidade centrada nas persoas, que máis aló da calidade de vida que ofrece en materia de espazos físicos, presenta alternativas para o enriquecemento e deleite de tódolos seus cidadáns.