Adxudicada á rehabilitación do barrio mariñeiro do Cabo

107

    • E.C.Casas será a empresa encargada desta mellora que inclúe reordenación do tráfico, iluminación, reforma de todas as rúas, entre outras actuacións

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación á empresa E.C.Casas da recuperación e mellora do barrio mariñeiro do Cabo, en Lourizán por valor de 203.712 euros. Segundo explicou esta mañá o portavoz do Goberno, Raimundo González o prazo de execución é de catro meses dende a sinatura do contrato.

Os traballos consistirán na:

    • mellora do acceso ao barrio dende a praza dos Praceres
    • reordenación do aparcadoiro que hai ao carón do colexio
    • rehabilitación integral das rúas do barrio
    • mellora do acceso á praia
    • iluminación de toda a contorna

O proxecto tiña un orzamento de licitación de 216.232,81 euros, e a empresa adxudicataria ofreceu como melloras o incremento do espesor da capa de formigón en 3 centímetros, e do asfalto en 2 centímetros.