A Concellaría de Servizos, baixo a dirección de Carme da Silva, continúa esta semana coa limpeza xeral na avenida de Bos Aires, dende a Ponte dos Tirantes até a rotonda de Monte Porreiro, na marxe esquerda.
A limpeza farase na madrugada do xoves, polo que se indicará unha prohibición de estacionamento en toda a rúa que entrará en vigor esta tarde. Desenvolverase con varredoiras, máquinas de auga e limpeza a pé.
A Concellaría solicita a colaboración dos veciños para que respecten esta prohibición e lograr que a beirarrúa e calzada queden ben limpas.