Os escolares teñen no Arquivo municipal un mundo por descubrir

18
  • A concelleira de Educación, Carme Fouces e o deputado de Cultura, Xosé Leal, poñen en valor diante de nenos e nenas de 5º do CEIP Froebel os arquivos municipal e provincial
  • O Concello edita mil exemplares para facelos chegar aos centros educativos e traballar nas visitas guiadas de escolares
  • Presentouse a unidade -elaborada polo persoal do Arquivo e ilustrada por Kike da Silva- co gallo do Día Mundial dos Arquivos

Que é un arquivo? Que custodia? Que funcións ten? Que podes atopar nel? Para lle dar resposta a estas e outras preguntas o Arquivo municipal de Pontevedra conta cunha nova unidade didáctica dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria que foi presentada co gallo do Día Mundial dos Arquivos.

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada polo debuxante Kiko da Silva. Pódese descar na web municipal. https://www.pontevedra.gal/ publicacions/O-Arquivo-da-minha-cidade/

A concelleira de Educación, Carme Fouces, acompañada do deputado provincial de Cultura, Xosé Leal e o arquiveiro municipal Enrique Sotelo participaron no acto de presentación ao que asistiron escolares de 5º de Primaria do CEIP Froebel. Neste mesmo acto a Deputación deu a coñecer unha unidade didáctica similar á municipal pero que traballa arredor do Arquivo provincial.

Carme Fouces dirixiuse aos nenos e nenas do colexio Froebel -nos baixo da súas dependencias está o Arquivo municipal- para convidalos a descubrir os tesouros que alí hai e poñer en valor un servizo para moitos descoñecido. Mapas e planos, documentos, libros e publicacións, todo un mundo no que mergullarse, é o que ofrece o Arquivo, que segundo subliñou o arquiveiro Enrique Sotelo non só custodia a memoria histórica, se non que recolle os dereitos e deberes das persoas. Pola súa banda o deputado Xosé Leal animou aos escolares a coñecer os arquivos, fonte de información e curiosidades que falan do noso pasado e do noso presente.

Unidade didáctica